 |
Este municipio da Comarca de Deza conta cunha superficie de 147 km² combinando o monte co llano dos seus vales fluviais.
A cultura castrexa tamén deixou a súa pegada, destacan os castros de Buxel e Marcelín.
Son as de Ramíl, Berredo, Baiña, Brocos, Orrea, Carmoega, S.Pedro de Ferreiroa e Santa Isabel de Ventosa as mostras máis representativas no referente á arquitectura relixiosa.
De grande interés pode resultar para o visitante achegarse o Pazo de Eidián pola súa beleza arquitectónica, así como o Pazo de Borraxeiros, e as casas de Mendoza e Casa Otero.
Pero si algo é coñecido de Agolada, son os Pendellos, situados na capital e que nos transportan a tempos pasados.
Das paisaxes coas que conta o Concello de Agolada, o visitante pode disfrutar tanto libremente, como acompañado de guías ás zonas máis fermosas e singulares tales como ríos, sendeiros, todo iso envolto nunha esplendorosa vexetación casi virxe en moitos lugares. Espacios naturais como “O sobreiral do Arnego” ou áreas recreativas como a de Carmoega dan fe do anterior.
A posibilidade de practicar deportes de natureza como o senderismo, rotas a cabalo,... son outro alicente máis para achegarnos a disfrutar destas terras.
|
| |
|
É en superficie o máis pequeno dos concellos que compoñen a Comarca de Deza con 75 km². Ofrece una imaxe composta por montes principalmente. Os seus habitantes están dedicados case por completo á gandeiría de orientación láctea.
Restos de castros quedan ben plasmados no Castro de San Breixo.
Visitando a Igrexa de San Pedro de Vilanova trasladámosnos o románico máis puro. Pero se nos achegamos á de Santa María de Dozón observaremos un románico con numerosos elementos barrocos. Mencionar a visita á capela do Alto de Santo Domingo, a capela da Virxe da Pena de Francia, e a de San Amaro e do Pilar.
O término municipal de Dozón é un lugar idóneo para disfrutar da tranquilidade e a beleza dunha típica paisaxe do interior de Galicia. Os vales, ríos e montes invítannos a camiñar, a práctica do senderismo e outros deportes de contacto coa natureza. Lugares como a praia fluvial de Sanguiñedo, ou áreas recreativas como a de Pena de Francia, son lugares acondicionados para un mellor disfrute das condicións naturais do concello.
A gastronomía da zona destaca pola súa excelente calidade xa que os productos están garantidos pola pureza do entorno destacando a Festa da “Carne o Caldeiro”.
|
| |
|
Este municipio é o máis extenso da Comarca de Deza con 325'6 km² e tamén o máis poblado. De carácter agrícola e gandeiro desenrolou nos últimos anos unha grande actividade industrial e de servizos.
Ofrece Lalín unha ampla e variada oferta turística o visitante que se decide por pasar uns momentos de ocio entre as súas xentes e terras.
É cita obrigada o paso polo Museo da Marioneta e o Museo Municipal ambos na capital do municipio e achegarse ata o Museo Etnográfico “Casa do Patrón” situado en Doade.
Son a unión de historia e arte, igrexas e mosteiros. Podemos recomendar a visita o Santuario do Corpiño, e as igrexas das seguientes parroquias: Sta. Eulalia de Losón, San Xián de Anzó, Sta. María de Noceda, Cercio, San Pedro de Erbo, Sta. María de Don Ramiro, Sta. María de Filgueira, Maceira, Anseán, Santiago do Castro, Lebozán, Zobra...
Outro punto de interese, é a visita ós pazos. Destacar o Pazo de Val, Pazo de Anzuxao, Pazo de Liñares, Pazo de Figueiroa, Pazo de Des, Pazo de Infanzóns, Pazo de Outeiro, Pazo de Barcia.
No turismo verde, conta Lalín cun importante conxunto de carballeiras históricas como son a de Barcia e a de Catasós. Nas concas fluviais dos ríos Deza e Asneiro atópanse paraxes de gran beleza, destacando o lugar de Zobra polas súas peculiares características que deixamos á curiosidade do visitante.
A rota do Val de Seixas alónxanos do centro en plena natureza e a rota do Pontiñas no corazón do municipio completan as excelentes oportunidades de disfrutar dun paseo cheo de imaxes para a lembranza.
E se por algo é coñecido Lalín, é pola súa gastronomía, entre tódalas festas, sen dúbida o referente é a Feria do cocido, un mes e un día noa que miles de persoas de tódolos lados de Galicia e outros puntos achéganse a saborear este completo e preciado prato do interior.
|
| |
|
|
Ubicado na histórica Terra de Camba. Ten una extensión de 154 m² . Municipio de monte e que basa a súa economía en explotacións vacúns, tanto de leite como de carne.
Varias excavacións arqueolóxicas leváronse a cabo no concello. Destacan as do museo de Pontevedra en Fafían, é a coñecida Vila Romana. Son reseñables tamén o Castro de Casasoa e o de Cantelle.
Para o visitante que se achegue destaquemos no referente á arquitectura relixiosa, a visita as igrexas de Asperedo, Carboentes, Pedroso, Pescoso e a propia de Rodeiro todas elas de estilo románico. En outra época e outro estilo a Igrexa de San Salvador, en Eirexe, e a Parroquial de Guillar de estilo Barroco.
O igual que os seus veciños, conta cos Pazos como símbolo do paso de familias fidalgas. O Pazo de Trasulfe ademáis de ser o máis representativo de Rodeiro, é unha das construccións máis representativas da historia solariega galega. Son dignos de visita tamén o Pazo de Camba, a casa Reitoral en Couto, a casa da Guerra e do Arco, en San Cibrao. Tamén é digna de visita A Tulla de Outeiro, lugar onde os monxes de Oseira cobraban e almacenaban as súas rentas.
Dise e decimos ben, que unha das mellores formas de coñecer un lugar é camiñando a través das súas terras. Para iso e como oferta de turismo verde, no Concello de Rodeiro pódense realizar varias rotas que nos permiten disfrutar e coñecer a arte e paisaxe da zona. Son as rotas do Faro I, II, la ruta del Val de Camba, a rota dos Pazos e a rota dos Castros.
E para os amantes das exposicións, temos o Museo Municipal Manuel Lamazares onde tres salas temáticas achégannos á arqueoloxía da zona, a etnografía e a pintura de Vilaseco.
É un intento de promocionar este municipio, e debido o gran auxe das festas gastronómicas, conta Rodeiro, entre outras, coa Festa da Caza.
|
| |
 |
|
Conta cunha superficie de 169 km². Destacan dous núcleos urbanos: Bandeira e a propia Silleda que canalizan a actividade do comercio e o sector servicios.
A capital, en Silleda, e un referente no sector Agropecuario, xa que conta cun dos mellores recintos feirais de Europa nos cales ten a súa sede a Fundación Semana Verde e a Lonxa Agropecuaria de Galicia.
No referente o turismo relixioso, destacan os templos de Taboada, Ocastro, Breixa, Dornelas, Fiestras e Escuadro e o Mosteiro de Carboeiro. Todos eles mostra do románico. Xa de carácter gótico temos a capela de Ansemíl. De estilo barroco e neoclásico destaca o Santuario de Abades.
Símbolos de poder e de importantes familias fidalgas levántanse os Pazos de Trasfontao, Cascaxide, Paiás, Viña, Marzá, Fares e Sestelo.
Tratando de ofrecer o visitante unha ampla oferta no turismo verde, temos a Senda da Saleta , a rota do Deza, a rota Cicloturista Val de Escuadro, e podemos contactar con empresas para a realización de deportes como o ráfting ou puenting.
Deixamos para o final unha referencia á visita que toda persoa que se achegue ata Silleda no debería dubidar en facer. De incomparable beleza é o espectáculo que nos agasalla o río Toxa, pois antes de entregar as súas augas o río Deza ten que lanzarse o vacío formando unha fermosa cascada de 60 metros , que é a de maior caída de Galicia.
Gastronómicamente falando; son numerosas as festas que se celebran, pero a máis coñecida é a festa da Empanada de Bandeira, facemos referencia tamén á festa do Lacón que se celebra na capital.
|
| |
|

De 147 km² de superficie, é terra gandeira y con cultivo de ricos viñedos nas ribeiras do Ulla.
Das lembranzas de antigos poblados conta a vila cun conxunto megalítico como o de Oirós.
O Mosteiro de Camanzo de estilo románico é a xoia do municipio na arquitectura de tipo relixioso, pero tamén hai pequenas e solitarias ermidas, igrexas e capelas de diferentes estilos e épocas.
Pazos como o de Porras de Raíndo (século XVIII) en Piloño, Altamira (século XVIII) en Cumeiro ou o de Torre en Merza certifican o paso de familias fidalgas por Vila de Cruces.
Conta con importantes puntos de interese cultural como poden ser a fundación Xosé Neira Vilas, o Museo A Solaina de Piloño ou o Observatorio Astronómico.
Contén espacios privilexiados para a práctica de deportes acuáticos, destacando o encoro de Portodemouros.
E para o goce e disfrute dunha natureza privilexiada podemos achegarnos a unha das súas áreas recreativas, entre as que destacan “A Carixa”, “Illas Gres” e “Fervenza do Arnego”.
De necesaria visita para unha lembranza visual é o acceder a un dos miradores, como o de Madanela ou o Monte das Covas. Seguindo co turismo verde, Vila de Cruces ofrécenos a posibilidade de realizar unha das súas rotas de sendeirismo; ben o “Sendeiro dos Cregos” ou ben o de “Carboeiro-Toxa” ambos de indudable beleza..
Un plató de cine, iso é o que se atopa en Fontao, antigo poboado mineiro, e expoñente da arte racionalista de mediados do século XX, que merece una visita.
A festa do Galo de Curral é o referente gastronómico del concello. |
|